CaixaBank e as empresas do Grupo CaixaBank que lle indicamos a continuación son corresponsables do tratamento dos seus datos para realizar a análise da solvencia e a capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento.
- Caixabank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C, E.P., S.A.U.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito.
- Hipotecaixa 2, S.L.U
- Banco BPI, S.A.
- Facilitea Select Place S.A.U.
De conformidade co que se dispón na normativa aplicable, as Entidades Corresponsables subscribiron un acordo de corresponsabilidade para determinados tratamentos, cuxos elementos esenciais son os seguintes:
(i) Que, para determinados tratamentos identificados na Política de Privacidade, as Entidades Corresponsables actuarán de forma coordinada ou conxunta.
(ii) Que procederon a determinar as medidas de seguridade, técnicas e organizativas, apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco inherente aos tratamentos de datos persoais obxecto de corresponsabilidade.
(iii) Que dispoñen dun mecanismo de portelo único para o exercicio dos dereitos dos interesados, asumindo o compromiso do deber de colaboración e asistencia naqueles casos en que resultase procedente.
(iv) Que cumpren a obriga de respectar o deber de segredo e gardar a debida confidencialidade dos datos persoais que sexan tratados no marco das actividades de tratamento de datos indicadas.
(v) Independentemente dos termos do acordo de corresponsabilidade, os interesados poderán exercer os seus dereitos en materia de protección de datos fronte a cada un dos responsables.
Este tratamento de datos ten como base xurídica o feito de que é necesario para xestionar os contratos que vostede solicite ou nos que vostede é parte, ou para aplicar, se vostede o solicita, medidas precontractuais, segundo se establece no art. 6.1.b) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Polo tanto, é un tratamento necesario para que vostede poida establecer e manter Relacións Contractuais connosco. Se se opuxese a el, finalizariamos esas relacións, ou non as poderiamos establecer se aínda non as iniciamos.
A continuación, detallámoslle a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía de datos tratados), se cómpre, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís) e outra información necesaria acerca do tratamento (Outra información relevante).
Finalidade: a finalidade deste tratamento de datos é avaliar se os solicitantes e/ou titulares de produtos ou servizos que impliquen a devolución de diñeiro adiantado, ou o pagamento adiado de cotas, teñen solvencia e capacidade de devolución suficientes para atender os pagamentos previstos nas operacións que se analicen e/ou que foron concedidas.
A información detallada sobre os tratamentos de análise da solvencia e a capacidade de devolución que se vaian realizar cando vostede solicite ou xa se lle concedesen operacións que impliquen a devolución de diñeiro adiantado, ou o pagamento adiado de cotas, seranlle indicadas de maneira detallada na solicitude de operación que deberá asinar cando solicite estas operacións ou, para o caso de operacións xa concedidas, no correspondente contrato.
As actividades de tratamento que se realizan na análise da solvencia e a capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento son:
- Análise da capacidade de devolución dos solicitantes no momento da concesión de novas operacións de crédito.
- Análise da solvencia dos titulares de produtos que impliquen financiamento durante toda a vida das operacións de crédito que manteña connosco, para a xestión interna de riscos e para a prevención do impagamento destas.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos identificativos e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos de avaliación de risco ou scoring
- Datos de sistemas de información crediticia
- Datos RISK SCORE de Equifax
- Datos CIRBE
- Datos demográficos e socioeconómicos
- Datos sobre inmobles e vehículos asociados á súa persoa
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Uso de perfís: Para este tratamento elaboraremos un perfil de riscos que utilizaremos exclusivamente para a análise da solvencia e a capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento.
- Finalidade: O perfil utilizado ten como finalidade determinar a probabilidade de impagamento na concesión de operacións, avaliar se cómpre axustar o risco de operacións vixentes e realizar o cálculo das provisións e as esixencias de capital aplicables a CaixaBank.
- Consecuencias: Os perfís de risco son ferramentas de soporte nas decisións sobre concesión ou non de operacións de risco, ou do axuste dos límites nas operacións concedidas.
Nos supostos de operacións solicitadas por canles electrónicas poden producirse decisións automatizadas de concesión ou non, segundo se detalla no apartado “Outra información relevante” seguinte. - Lóxica: o perfil do solicitante usará a información indicada na epígrafe anterior “Tipoloxía de datos tratados”.
Con esta información de base atribúese un valor específico a cada un destes datos do interesado, cuxa suma dará unha puntuación relativa á probabilidade de morosidade ou incumprimento das obrigas monetarias.
A importancia de cada variable e a súa influencia no resultado final calcúlase de maneira previa a través de modelos matemáticos e inclúese nas políticas internas de risco da entidade.
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
- Decisións automatizadas: para a análise da solvencia e a capacidade de devolución, en solicitudes realizadas a través de canles electrónicas, utilizaremos tratamentos automatizados para comprobar que, segundo as súas características e a información que nos facilitase, o financiamento resulta ou non adecuado ás súas necesidades.
En caso de que o financiamento solicitado non resulte adecuado á súa capacidade de devolución segundo os cálculos dos perfís utilizados, non será posible contratar o produto e rexeitarase a solicitude de contratación de maneira automatizada nesa canle.
Vostede pode volver solicitar a operación na nosa rede de oficinas, onde a análise non incorpora decisións automatizadas, impugnar a decisión automatizada ou exercer o seu dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado contactando directamente con CaixaBank a través das canles indicadas na epígrafe 4 desta política. - Obrigas normativas: Adicionalmente a que estes tratamentos sexan necesarios para a execución da relación contractual que mantemos con vostede, este tratamento realízase de acordo co establecido pola Lei 44/2002, de medidas de reforma do sistema financeiro, a Lei 10/2014, do 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito, e demais obrigas e principios das normativas sobre concesión de préstamo responsable, normativas ás que nós, como establecemento financeiro de crédito, estamos sometidos.
- Consultas a sistemas de información crediticia: As consultas a sistemas de información crediticia necesarias para a análise da solvencia realizarémolas de acordo co noso interese lexítimo, que lle detallamos no apartado 6.4.D.
- Consulta e comunicación á CIRBE: as consultas á CIRBE necesarias para a análise da solvencia realízanse segundo o disposto na Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro. Así mesmo, comunicaranse os datos necesarios para identificar as persoas con quen se manteñan riscos de crédito, de acordo coa mesma norma.