CaixaBank e as empresas que lle indicamos a continuación (dentro de cada un dos tratamentos) son corresponsables do tratamento dos seus datos para cumprir coas seguintes normativas aplicables ás empresas do Grupo CaixaBank: (i) a normativa de prevención de branqueo de capitais e financiamento do terrorismo; (ii) a normativa en materia tributaria; (iii) as obrigas derivadas das políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais.
De conformidade co que se dispón na normativa aplicable, as Entidades Corresponsables subscribiron un acordo de corresponsabilidade para determinados tratamentos, cuxos elementos esenciais son os seguintes:
(i) Que, para determinados tratamentos identificados na Política de Privacidade, as Entidades Corresponsables actuarán de forma coordinada ou conxunta.
(ii) Que procederon a determinar as medidas de seguridade, técnicas e organizativas, apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco inherente aos tratamentos de datos persoais obxecto de corresponsabilidade.
(iii) Que dispoñen dun mecanismo de portelo único para o exercicio dos dereitos dos interesados, asumindo o compromiso do deber de colaboración e asistencia naqueles casos en que resultase procedente.
(iv) Que cumpren a obriga de respectar o deber de segredo e gardar a debida confidencialidade dos datos persoais que sexan tratados no marco das actividades de tratamento de datos indicadas.
(v) Independentemente dos termos do acordo de corresponsabilidade, os interesados poderán exercer os seus dereitos en materia de protección de datos fronte a cada un dos responsables.
Estes tratamentos de datos teñen como base xurídica o feito de que son necesarios para cumprir unha obriga legal que nos é esixible, segundo se establece no art. 6.1.c) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Polo tanto, son necesarios para que vostede poida establecer e manter Relacións Contractuais connosco. Se se opuxese a eles, deberiamos finalizar esas relacións ou non as poderiamos establecer se aínda non as iniciásemos.
Os tratamentos necesarios para cumprir coas obrigas normativas indícanse a continuación ordenados do (A) ao (C). Sinalaremos para cada un deles: a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía de datos tratados), se cómpre, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís), outra información necesaria acerca do tratamento (Outra información relevante) e as entidades corresponsables (Corresponsables/Responsable do tratamento).
A. Tratamento para cumprir coa normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
Finalidade: A finalidade deste tratamento é adoptar as medidas impostas á nosa actividade pola Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
As operacións de tratamento que se realizan para cumprir a normativa sobre prevención do branqueo de capitais do financiamento do terrorismo son:
- Obter a información e documentación que permite cumprir coas medidas de dilixencia debida e de coñecemento dos clientes;
- Comprobar a información que vostede nos facilite;
- Verificar se vostede desempeña ou desempeñou cargos de responsabilidade pública;
- Clasificar o seu nivel de risco, en función do cal se aplicarán as distintas medidas de dilixencia debida con base na normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo;
- Realizar a análise das operacións que se executan a través de CaixaBank, de acordo co que establecen as obrigas legais;
- Verificar a súa relación con sociedades e, se é necesario, a súa posición de control na estrutura de propiedade destas, e;
- Comunicar e actualizar mensualmente a súa información no Ficheiro de Titularidades Financeiras, responsabilidade do Servizo Executivo da Comisión de Prevención de Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (SEPBLAC).
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos identificativos e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias
- Datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Uso de perfís: Este tratamento implica a elaboración dun perfil que utilizamos exclusivamente para a adopción das medidas impostas á nosa actividade pola Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
- Finalidade: o perfil utilizado ten como finalidade impedir a contratación de operativas susceptibles de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo.
- Consecuencias: os perfís son ferramentas que axudan ás unidades de prevención de branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo a determinar se as operativas son susceptibles ou non de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo e, polo tanto, a aceptalas ou non.
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- Caixabank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C, E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
- BPI Vida e Pensões – Companhia de Seguros, S.A.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito.
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
- BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
- Banco BPI, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- Puerto Triana, S.A.U.
B. Tratamento para cumprir coa normativa en materia tributaria
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a adopción das medidas impostas á nosa actividade pola Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, o Real decreto 1021/2015, de 13 de novembro, polo que se establece a obriga de identificar a residencia fiscal das persoas que ostenten a titularidade ou o control de determinadas contas financeiras e de informar acerca destas no ámbito da asistencia mutua, e as demais normativas fiscais vixentes.
As operacións de tratamento que se realizan para cumprir a normativa en materia tributaria son:
- Obter a información e documentación relativa á súa fiscalidade que establezan as normas fiscais, e;
- Comunicar á Administración pública os datos relativos á súa fiscalidade, cando así estea establecido polas normas ou sexa requirido pola autoridade.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos identificativos e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- Caixabank, S.A.
- VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
- Bankia Mediación, OBSV
C. Tratamento para o cumprimento das obrigas derivadas das políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a adopción das medidas impostas á nosa actividade nos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais adoptadas pola Unión Europea e o Reino de España.
Para cumprir os programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais nós contrastaremos se vostede consta en listaxes de persoas ou entidades que estean incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, así como a Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of Her Majesty's Treasury (HTM) do Reino Unido e/ou o U. S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos identificativos e de contacto
- Datos relativos a sancións internacionais
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- Caixabank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C, E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito.
- Banco BPI, S.A.
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.
- Puerto Triana, S.A.U.