1. Ingreso en conta dun incentivo de 150 € netos para novos clientes que contraten unha conta corrente de CaixaBank e ingresen un importe igual ou superior a 500 euros nesta conta. Adicionalmente, o cliente deberá manter unha conta aberta en CaixaBank cun saldo mínimo de 5 euros, ata completar un período ininterrompido de 12 meses desde o mes seguinte á alta da nova conta. O importe íntegro do incentivo é de 185,19 €. Sobre este importe practícase unha retención a conta do IRPF do 19%, que dá lugar ao importe neto aboado. O incentivo tributa no imposto sobre a renda das persoas físicas como rendemento do capital mobiliario monetario suxeito á retención a conta segundo a lexislación vixente e sen prexuízo do que establecen os réximes tributarios forais. O beneficiario da promoción debe declarar un rendemento de capital mobiliario na súa base impoñible do aforro determinado polo importe íntegro percibido, e pode deducirse da cota do imposto a retención a conta practicada. Promoción válida para todo o territorio nacional desde o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2024. Máis información, en www.CaixaBank.es
2. A conta é un paquete de servizos que inclúe, por un prezo unificado, administración e mantemento dunha conta corrente á vista en euros, transferencias SEPA estándar ata 20.000 €, tarxetas de crédito estándar asociadas: emisión e mantemento, certificados solicitados por CaixaBankNow, uso ilimitado de CaixaBankNow e de toda a rede de caixeiros automáticos de CaixaBank e negociación e compensación de cheques nacionais en euros en todas as contas sempre que se realicen por autoservizo. A cota polos servizos incluídos é de 0 €/mes, sempre que cumpras estes tres requisitos: 1) Un mínimo de 750 € de ingresos ao mes ou 9.000 € anuais; 2) Cumprir cun destes tres requisitos: a) ter domiciliado o pagamento da Seguridade Social de autónomos, de traballadores do mar por conta propia ou de achegas a mutuas de previsión social profesionais alternativas ao réxime da Seguridade Social dos traballadores autónomos (só para persoas físicas) ou ben ser microempresa e ter domiciliado o pagamento da Seguridade Social como persoa xurídica; b) manter en produtos de recursos non investibles un saldo medio mensual superior a 12.000 €; c) manter en produtos de financiamento de circulante un saldo medio anual de 6.000 €; 3) Manter domiciliado algún dos seguintes pagamentos de negocio: impostos da actividade profesional (un mínimo dun pagamento nos últimos tres meses), nómina dos traballadores (un mínimo dun pagamento nos últimos tres meses), cotas do réxime xeral da Seguridade Social dos empregados (un mínimo dun pagamento nos últimos tres meses), recibos de subministracións básicas (un mínimo de tres pagamentos nos últimos tres meses) ou compras con tarxeta de crédito ou débito comercializada por CaixaBank e domiciliada nunha conta corrente de CaixaBank (un mínimo de tres operacións nos últimos tres meses). Ademais, debes utilizar sempre exclusivamente as canles electrónicas para as seguintes operacións: pagamento de recibos e impostos, reintegros de efectivo, traspasos e transferencias (emitidas en euros, con destino á UE, importe non superior a 20.000 €, non urxentes nin con data valor o mesmo día, con datos completos e correctos), ingreso de cheques en euros domiciliados nunha entidade financeira en España, solicitude de talonario e consultas de posición, saldo ou extracto. Se, podéndose realizar por autoservizo, as devanditas operacións se realizan presencialmente no portelo dunha oficina, terán un custo adicional de 2 € ao prezo do servizo utilizado. Máis información en www.CaixaBank.es. A conta non se retribúe. A TAE pódese variar segundo se o cliente cumpre os requisitos de bonificación e en función do saldo medio do cliente como consecuencia da aplicación de comisións por importe fixo. Conta totalmente bonificada: 0% TAE, 0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que cumpra cos requisitos de gratuidade e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Conta parcialmente bonificada: -1,20% TAE, 0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que achegue a súa nómina nas condicións indicadas (15 €/trimestre) e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Conta sen bonificar: -4,71% TAE, 0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que non cumpra con ningún requisito de gratuidade (60 €/trimestre) e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano.
NRI: 7619-2024/09542