O acceso ao portal ou a calquera das websites de CaixaBank e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos no mesmo comporta a aceptación das condicións xerais previstas no presente Aviso Legal. Por iso deberá ler atentamente o seu contido se vostede desexa acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos no portal ou en calquera das websites de CaixaBank.
Validez da información e contidos
A información contida nestas páxinas é a vixente na data da súa última actualización.
As presentes condicións son as vixentes desde a data da súa última actualización. CaixaBank resérvase o dereito a modificalas en calquera momento, en cuxo caso entrarán en vigor desde a súa publicación e serán aplicables a todos os usuarios do portal ou das websites desde esa data.
Os contidos de calquera das páxinas web, en especial as referencias informativas e publicitarias, salvo que expresamente se indique o contrario, non constitúen oferta vinculante. CaixaBank resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.
CaixaBank poderá incluír en calquera das súas websites contidos de terceiros e ligazóns a páxinas web de terceiros, sempre coa autorización dos seus titulares, tales como a redes sociais e a outras informacións. En ningún deses casos CaixaBank será responsable das páxinas e contidos de terceiros, así como do funcionamento e dispoñibilidade dos mesmos.
Navegación e personalización
A simple navegación a través das websites de CaixaBank ten carácter gratuíto e tampouco esixe o rexistro previo do usuario. Porén, o acceso, contratación ou a utilización dalgúns produtos ou servizos poderá requirir que o usuario se rexistre. Neste caso, cada un destes produtos e servizos rexerase polas súas propias condicións específicas, sen prexuízo das condicións aquí previstas.
Nalgúns dos portais ou websites ofreceráselle ao usuario a posibilidade de que poida personalizar as páxinas, incluíndo fondos de pantalla diferentes ou ben que poida configurar os accesos aos seus produtos e servizos favoritos, facendo que a navegación e a localización dos recursos utilizados sexa, eficiente, funcional e por tanto se adapte aos gustos e usos de cada usuario.
Seguridade
O portal e as websites de CaixaBank están provistas dos certificados, selos ou acreditacións de seguridade e calidade necesarios para lles ofrecer unha redonda segura aos usuarios. Así e todo, recomendámoslle que consulte e lea atentamente as Recomendacións de Seguridade que CaixaBank pon no seu portal a disposición de todos os usuarios.
Política de privacidade e protección de datos
CaixaBank cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade propios da actividade bancaria.
CaixaBank adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Cando se solicite cubrir un formulario no que se recollan datos de carácter persoal, informarase ao cliente ou usuario do destinatario da información, da finalidade para a cal se recollen os datos, da identidade e enderezo do responsable do ficheiro e da facultade do usuario de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos. Os datos persoais recollidos só serán tratados e/ou cedidos coa expresada finalidade, e sempre co consentimento do usuario ou cliente.
Para que a información que conteñen os nosos ficheiros estea sempre actualizada e non conteña erros pedímoslles aos nosos clientes e usuarios que nos comuniquen, á maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal.
Política de cookies
As páxinas web de CaixaBank dispoñen de cookies, que son pequenos ficheiros de datos que se almacenan no ordenador do usuario ou cliente e que lles poden permitir aos nosos sistemas lembrar características ou preferencias da navegación nas nosas páxinas web que poidan servir para personalizar o seu acceso en sucesivas visitas, facer máis segura a navegación, reunir información estatística sobre a navegación efectuada, ou coñecer preferencias de usuarios.
A política de cookies de CaixaBank suxéitase á normativa comunitaria e española en vigor, relativa ao tratamento dos datos persoais e á protección da intimidade no sector das comunicacións electrónicas. En virtude da mesma, CaixaBank informaralle das cookies que utiliza en cada un dos seus sitios web (“Información acerca das cookies utilizadas”) e, cando sexa preciso, solicitará o seu consentimento para podelas utilizar.
Portais móbiles e xeolocalización
Algunhas das páxinas web de CaixaBank están adaptadas para o seu uso en dispositivos móbiles, polo que é posible que a presentación e o contido das diferentes aplicacións móbiles non coincidan nin sexan exactos aos do portal ou a das diferentes websites.
Así mesmo, algunhas das páxinas web adaptadas para dispositivos móbiles ou as aplicacións poden dispoñer de funcións de xeolocalización, ao obxecto de determinar cando o usuario a active, a localización deste dispositivo en cada momento. Polo que deste xeito poderá acceder aos servizos que precisen xeolocalización e que CaixaBank teña dispoñibles.
O acceso aos citados servizos requirirá a activación por parte do usuario da función de xeolocalización no seu dispositivo móbil, a cal vostede poderá desactivar en calquera momento.
Propiedade intelectual e industrial
O portal e as páxinas web de CaixaBank, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nas mesmas, inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais, ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dos que CaixaBank ou as empresas do seu Grupo son titulares ou lexítimas licenciatarias.
CaixaBank non outorga garantía algunha sobre a licitude e legalidade da información ou elementos contidos nas páxinas web de CaixaBank en caso de que a titularidade dos mesmos non corresponda a CaixaBank nin ás empresas do seu Grupo.
Usos prohibidos e permitidos
Queda prohibida calquera modalidade de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, mediante calquera tipo de soporte e medio das obras antes referidas, creacións e signos distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares. O incumprimento desta prohibición poderá constituír infracción sancionable pola lexislación vixente.
Así e todo, pola súa conta e risco, o usuario poderá descargar ou realizar copia de tales elementos exclusivamente para o seu uso persoal, sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de CaixaBank. En especial, non poderá alteralos, modificalos ou suprimilos nin total nin parcialmente. En ningún caso, iso significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de CaixaBank ou das empresas do seu Grupo.
Queda prohibido, agás nos casos en que expresamente o autorice CaixaBank, establecer enlaces, hipervínculos ou links, desde portais ou sitios web de terceiros a páxinas web de CaixaBank distintas da páxina principal do seu portal, así como presentar as páxinas web de CaixaBank ou a información contida nelas baixo frames ou marcos, signos distintivos, marcas ou denominacións sociais ou comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.
Información financeira e bolsista
O portal ou as websites de CaixaBank non proporcionan ningún tipo de recomendación de investimento, nin asesoramento legal, fiscal nin de ningunha outra clase. A información é de ámbito xeral e en ningún caso ten en conta criterios ou obxectivos específicos ou particulares de investimento nin de situación financeira. Por tanto, a información contida non debe ser utilizada para realizar investimentos ou tomar decisións.
En caso de valores negociados calquera decisión de subscrición, compra ou venda, debe adoptarse tendo en conta a información pública.
Os contidos das páxinas web non constitúen unha oferta para vender accións nos Estados Unidos de América. As accións non poden ser ofrecidas, vendidas nin subscritas nos Estados Unidos de América en ausencia de rexistro das mesmas ou dunha exención de rexistro establecida na Lei de Mercado de Valores dos Estados Unidos de América (“US Securities Act of 1933”).
Responsabilidades
CaixaBank non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas web de CaixaBank, que se poden ver impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fora do seu control.
CaixaBank non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros accesibles desde as páxinas web de CaixaBank mediante enlaces, hipervínculos ou links, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros desde os que se acceda mediante enlaces, hipervínculos ou links ao portal de CaixaBank ou a calquera das súas páxinas web, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos de CaixaBank, agás autorización expresa desta última.
CaixaBank e os seus provedores de información como terceiras partes non asumen responsabilidade algunha con relación á información, contidos de todo tipo, produtos e servizos ofertados ou prestados a través das páxinas web de CaixaBank por terceiras persoas ou entidades, aínda que pertenzan ao seu mesmo Grupo económico, e, en especial, polos danos e perdas de calquera tipo que, vinculados ao anterior, poidan producirse por: (i) ausencia ou deficiencias na información facilitada aos usuarios ou na súa veracidade, exactitude e suficiencia; (ii) incumprimento ou cumprimento defectuoso ou impuntual dos contratos ou relacións precontractuais; (iii) incumprimento das obrigas que incumben aos prestadores de servizos da sociedade da información; (iv) infracción dos dereitos dos consumidores e usuarios; (v) infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial; realización de actos de competencia desleal ou de publicidade ilícita; (vi) infracción do dereito de protección de datos; do secreto profesional e dos dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á imaxe das persoas; (vii) en xeral, o incumprimento de calquera leis, costumes ou códigos de conduta que resulten de aplicación e (viii) calquera decisión tomada en dependencia da información subministrada a través do portal de CaixaBank.
Nin CaixaBank nin os provedores de información como terceiras partes asumen responsabilidade algunha por danos, perdas, reclamacións ou gastos, producidos por: (i) interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, retrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control de CaixaBank; (ii) intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outros; (iii) uso indebido ou inadecuado das páxinas web de CaixaBank; (iv) erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas do mesmo.
Lexislación aplicable
As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española.