CaixaBank e o seu grupo están comprometidos coa formación e a concienciación do persoal que se dedica ás tarefas en materia de protección de datos. A este respecto, a entidade e as empresas do grupo contan cun programa de formación interno e externo para formar os especialistas que asesoran e supervisan neste ámbito, liderado polo delegado de protección de datos. Así mesmo, o delegado de protección de datos lidera o programa formativo para o resto dos empregados das entidades do grupo con carácter xeral.
En relación cos provedores e o seu persoal aos que a entidade pode recorrer para a prestación de servizos, CaixaBank e as empresas do grupo incorporan nas súas relacións contractuais con eles a necesidade de formación en materia de protección de datos e tamén dispón dun programa de formación directa dos seus axentes e ETT no ámbito da protección de datos