Para evitar as posibles infeccións de virus é conveniente:
-
Dispoñer dun software antivirus actualizado (debe actualizarse periodicamente, non é suficiente que sexa máis ou menos novo). Para actualizalo, deben consultarse as instrucións do fabricante do programa.
-
Verificar os documentos que se recibiron do exterior (vía correo electrónico, disquete, download, ...) co antivirus.
-
Executar só aqueles programas dos que teñamos garantía de orixe e que non vulneren a propiedade intelectual.
Tamén é moi importante saber que un antivirus pode fallar por dous motivos: pode non detectar un virus porque é diferente dos que coñece; pero tamén pode detectar como virus un programa inofensivo que, por casualidade, teña dentro do seu código secuencias parecidas ás dun virus. Este segundo caso coñécese como "falso positivo".