En CaixaBank pomos á túa disposición unha ampla variedade de tarxetas para que elixas a que máis se axuste ás túas necesidades financeiras.
Tarxetas de crédito, de débito e de prepagamento.
Coñécelas?
- Non necesitas saldo na túa conta
Cunha tarxeta de crédito pagarás as túas compras sen utilizar o saldo da túa conta. A túa tarxeta terá asignado un límite de crédito (importe máximo mensual que podes gastar) e ao finalizar o período de liquidación acordado (que habitualmente é mensual) deberás pagar a cantidade que utilizaches nas túas compras. - Elixe os prazos de devolución
Podes personalizar os prazos de devolución da túa tarxeta de crédito e devolver o que gastaches semanalmente, mensualmente, ou un día concreto que determines (por exemplo; cada vez que leves dispostos 500 €). Se chegada a data acordada de pagamento, aboas a totalidade do crédito que dispuxeches, non pagarás xuros. - Decide a modalidade de pagamento da túa tarxeta
Doutra banda, podes cambiar a modalidade de pagamento da túa tarxeta a pagamento adiado (pagar só unha cantidade do crédito disposto (utilizado) todos os meses) –+ info en Pagamento adiado (revolving)– ou pagamento fraccionado (dividindo o pagamento dunha compra concreta en varios meses). En ambos os casos deberás pagar xuros asociados. - Máis información
Podes consultar os prezos habitualmente aplicados aos servizos bancarios prestados con maior frecuencia (Anexo1) en https://www.caixabank.es/particular/xeral/tarifascomisiones_es.html.
- Utiliza só o saldo da túa conta
Coa tarxeta de débito pagarás as túas compras utilizando o saldo da túa conta, é por iso que é imprescindible asociar unha conta á tarxeta. Se pensas utilizar unha tarxeta de débito para as túas compras é importante que saibas que se non tes saldo na conta non poderás realizalas xa que as compras se cargarán ao momento contra o saldo da conta. Coa tarxeta de débito poderás realizar compras (en comercios físicos e electrónicos) e retirar diñeiro en efectivo dos caixeiros.
- A tarxeta prepagamento (tamén chamada tarxeta moedeiro) é similar á tarxeta de débito porque ao pagares as compras utilizas o teu diñeiro e non o que che prestamos (como cando usas unha tarxeta de crédito). Pero, a diferenza da de débito, non vai asociada a ningunha conta bancaria. É simplemente unha tarxeta en que se recarga o diñeiro (o importe que queiras) e que poderás usar ata que o saldo cargado se esgote. Poderás recargar de novo o saldo tantas veces como queiras, de xeito que sempre poderás controlar o gasto de forma exhaustiva.
Como e cando usar unha tarxeta de crédito
No seguinte vídeo explicámosche como e cando usar unha tarxeta de crédito, con modalidade fin de mes ou cambiándoa ao pagamento adiado:
Crédito, débito, prepagamento
Explicámosche cada tipoloxía de tarxeta e as súas diferenzas para que te deas decidido.
Descubre como é cada unha das tarxetas
Respondémosche ás dúbidas máis comúns
Proceso de contratación
Queres comprobar canto sabes de tarxetas? Realiza o noso test
Ligazóns de interese
Podes obter máis información sobre tarxetas accedendo a estas ligazóns de interese: