Hipoteca CasaFácil Fixo 20
Con CasaFácil Fixo 20* gozarás da túa nova vivenda coa tranquilidade de saber que a cota da túa hipoteca será a mesma cada mes.
- Con bonificación máxima: 2,65 % TXN; 4,182 % TAE (bonificación máxima do 1,00%)
- Posibilidade de cota bonificada: En función dos produtos opcionais que teñas contratados
- Sen bonificación: 3,65% TXN; 4,155% TAE
- Pódese solicitar ata o 80% do valor da garantía, que será o menor entre o valor da taxación e o valor da compravenda da vivenda, sempre que se trate da vivenda habitual.
- O prazo máximo é de 20 anos (o prazo da operación máis a idade do titular máis novo non debe superar os 75 anos).
- Sen comisións: CasaFácil non aplica comisión de apertura
- Tarifa plana: Estabilidade de pagamento mensual sen risco de suba por cambios no tipo de xuro.
- Maior control do teu orzamento familiar: Coñecer anticipadamente a cota mensual permite unha mellor xestión da economía familiar.
* CONDICIÓNS LEGAIS CASAFÁCIL FIXO 20 COLECTIVOS
Condicións financeiras para a adquisición de vivenda con garantía hipotecaria tomando en consideración o exemplo representativo que se indica a continuación:
1) TAE BONIFICADA: se se cumpren todas as condicións de bonificación, partindo da hipótese de que podes optar á bonificación máxima. (i) importe: 150.000 euros; (ii) duración máxima: 20 anos; (iii) comisión de apertura 0%; (iv) tipo de xuro: fixo; TXN bonificado: 2,65%; (v) TAE bonificada: 4,182%; (vi) cota mensual: 805,86 euros; (vii) núm. de cotas: 240; (viii) importe total que se debe (inclúe gastos): 219.719,90 euros; (ix) custo total do préstamo: 69.719,90 euros; (x) xuros: 43.406,40 euros. Sistema de amortización francés1.
2) TAE NON BONIFICADA: se non se cumpren as condicións de bonificación. (i) importe: 150.000 euros; (ii) duración máxima: 20 anos; (iii) comisión de apertura: 0%; (iv) tipo de xuro: fixo; TXN: 3,65%; (v) TAE: 4,155%; (vi) cota mensual: 881,55 euros; (vii) núm. de cotas: 240; (viii) importe total que se debe (inclúe gastos): 219.366,10 euros; (ix) custo total do préstamo: 69.366,10 euros; (x) xuros: 61.572,00 euros. Sistema de amortización francés1.
A TAE pode variar en función do prazo e do importe da operación, así como polas revisións mensuais do cumprimento dos bonificadores.
Condicións comúns á TAE bonificada e á TAE non bonificada:
a) Outras condicións financeiras comúns: comisión por reembolso ou amortización anticipada total ou parcial que non poderá superar o importe da perda financeira que puidese sufrir CaixaBank co límite do 2% do capital amortizado durante os 10 primeiros anos, e do 1,5% do capital amortizado ata o final da vida do préstamo.
b) Gastos preparatorios que satisfará CaixaBank: (i) impostos: 1.125,00 euros en actos xurídicos documentados para unha responsabilidade hipotecaria de 150.000,00 euros e un tipo impositivo do 0,75%; (ii) comprobación rexistral: 10,91 euros; (iii) notaría: 597,00 euros; (iv) xestoría: 363,00 euros; (v) inscrición rexistral: 283,00 euros.
c) Gastos preparatorios que asumirá o cliente. (i) taxación: 254,10 € (se a operación se formaliza, CaixaBank aboaralle este importe como máximo aos 45 días desde a data de constitución).
d) Servizos accesorios vinculados que asumirá o cliente: o cliente deberá asumir obrigatoriamente o pagamento dun seguro de danos, tanto se opta por contratar ou non os bonificadores. CaixaBank non comercializa seguros de danos; polo tanto, a continuación, ofrecémoslle a prima resultante de simular un seguro de fogar (que é o máis similar ao seguro de danos que esta entidade comercializa coa diferenza de que o seguro de fogar ofrece maior cobertura). Para os efectos do cálculo da TAE non bonificada e da TAE bonificada, terase en conta a prima resultante de simular o seguro de fogar e, ademais, no caso da TAE bonificada, aplicarase a bonificación que corresponda pola súa contratación. Non obstante, pode contratar libremente o seguro de danos, que é o obrigatorio, coa compañía aseguradora que elixa o cliente.
Seguro de fogar: 317,00 euros prima anual. Importe da prima anual partindo da hipótese de que esta non variará durante a vixencia da operación. O importe é simplemente orientador e ten en consideración produtos de seguros de fogar comercializados por CaixaBank, S.A. (exemplo tomando como base un préstamo hipotecario cun capital que ascende a 150.000 € e para un continente de entre 100.001 € e 120.000 € e con 100 m² de vivenda construídos, e que o importe que aboar por este concepto durante toda a vixencia da operación é de 6.340,00 €). O importe é o resultado dunha simulación efectuada sobre a base dun tramo orientador, por tanto, en función do continente e dos metros cadrados exactos da vivenda, o valor pode variar.
Conta de pagamento: hai que manter contratada durante toda a vixencia do préstamo unha conta con CaixaBank. O cliente deberá asumir o pagamento do prezo do mantemento da conta de pagamento, que ascende a 15 euros/trimestre. O cálculo da TAE, bonificada e non bonificada, terá en conta este custo de mantemento.
Condicións de bonificación: trátase de puntos porcentuais que se restarán do TXN, se se contratan os seguintes produtos. (i) domiciliación durante os últimos 6 meses de nómina, pensións ou ingresos netos medios en caso de traballador por conta propia de >600 € mes + domiciliación de 3 recibos + compras con tarxetas*** comercializadas por CaixaBank, S.A. cuxo titular sexa a parte debedora e cuxas liquidacións estean domiciliadas nun depósito á vista aberto en CaixaBank, S.A. polo titular destas coas que se realizasen polo menos tres compras durante os últimos tres meses: 0,35 ptos.; (ii) contratación dun seguro de fogar: 0,15 ptos.; (iii) contratación dun seguro de vida (MyBox Vida, MyBox Vida Negocios, Vida Familiar ou SEVIAM)* ou dun seguro de saúde (salvo Adeslas Dental e Adeslas Básico): 0,35 ou 0,20 ptos. excluíntes entre si: contratación do seguro de vida igual ou superior ao 95% do importe do financiamento: 0,35 ptos.; contratación do seguro de vida entre o 50% e o 95% do importe do financiamento: 0,20 ptos. (non se aplicará a bonificación se o capital asegurado é inferior ao 50% do importe do financiamento), ou contratación só do seguro de saúde: 0,20 ptos.; (iv) financiamento ou subscrición da contratación dun servizo “Alarma Fogar SECURITAS DIRECT”**: 0,15 ptos. Os servizos indicados sempre deberán ser comercializados por CaixaBank, S.A. ou Wivai Selectplace, S.A.U. Comprobarase mensualmente o cumprimento dos requisitos indicados para aplicar as condicións de bonificación, podendo axustarse á alza ou á baixa o tipo de xuro segundo a comprobación que efectúa CaixaBank con esta periodicidade do cumprimento dos bonificadores. A contratación da anterior relación de produtos é opcional. Cada un deles pode contratarse de forma independente e non existirá ningunha diferenza entre a oferta combinada e a oferta de produtos por separado (o prezo dos produtos e servizos coas características indicadas non varía polo feito de contratarse de forma combinada ou por separado).
* Seguro de vida (simulación sobre un seguro de vida e amortización) de 265,61 euros de prima anual (baixo a premisa de que a prima non variará durante a vixencia da operación nin se actualizará en función do capital amortizado nin do transcurso dos anos dos contratantes). A prima está calculada sobre a base da contratación dun seguro de vida polo 100% do capital e de que o asegurado ten 30 anos. O cliente asumirá o custo deste servizo, en caso de contratalo.
** Subscrición ou financiamento do servizo "Alarma Fogar SECURITAS DIRECT", comercializado por Wivai Selectplace, S.A.U. e/ou financiado por CaixaBank, entendendo por financiamento o realizado mediante un préstamo de TAE do 0% e TXN do 0% (48 cotas mensuais de 52,03 euros cada unha, sen xuros, polo financiamento da adquisición, instalación e mantemento da alarma). Importe total que se debería e PVP: 2.497,44 € / prezo total a prazos. Importe total do crédito: 2.497,44 €. Custo total do crédito para o consumidor de 0 €. Para o resto do período de duración da operación hipotecaria, deberá manterse contratado o servizo de mantemento da alarma cun custo de 52,03 euros ao mes. Sistema de amortización francés¹. Subscrición do “Servizo Protección Sénior Dúo”, comercializado por Wivai Selectplace, S.A.U., PVP: 1.224,00 €. Para o resto do período de duración da operación hipotecaria deberá manterse contratado o servizo de mantemento cun custo de 34,00 euros ao mes. Para os efectos do cálculo da TAE terase en conta o custo do servizo de alarma de Securitas Direct por ser máis elevado ca o custo do servizo Protección Sénior Dúo.
*** Custo do mantemento da tarxeta (simulación sobre a tarxeta Visa Electron de débito) comercializada por CaixaBank: 36 euros/ano. O cálculo da TAE bonificada terá en conta este custo de mantemento. O cliente asumirá o custo deste servizo, en caso de contratalo.
Advertencias: (i) O incumprimento das obrigas derivadas do préstamo pode carrexar graves consecuencias para o debedor hipotecario, para o seu avalista ou para o propietario da vivenda hipotecada, como a perda da súa vivenda e doutros bens. (ii) CaixaBank resérvase o dereito a denegar a concesión da operación ou a aprobala nas condicións que crea convenientes, logo da análise da solvencia do solicitante e en función dos criterios de risco da entidade; (iii) a TAE, de acordo coa lei, comprende as condicións financeiras do exemplo, os gastos e servizos accesorios baixo o suposto de que a prima do seguro non variará durante a vixencia do contrato.
¹Sistema de amortización francés: pagamento dunha cota constante composta por unha parte de amortización de capital e outra dos xuros. A parte de xuros comprendida en cada cota resulta de aplicar o tipo de xuro efectivo ao capital pendente de amortización ao inicio de cada período mensual. A diferenza ata a cota é a parte de amortización do capital.
Cada mes hai que pagar obrigatoriamente xuros polo capital que queda por devolver. Ao principio da vida do préstamo temos moito capital por devolver; por iso, a parte da cota é máis alta na parte dos xuros ca na de amortización de capital. Como queremos que a cota sexa constante, redúcese a parte de xuros e aumenta a parte de capital a medida que avanza o tempo.
A cota é constante e mantense mentres non se modifique o tipo de xuro. Por exemplo, se tivésemos un préstamo de 100.000 euros a 20 anos e a un tipo de xuro do 3,75%, as cotas mensuais serían de 592,89 euros. O primeiro pagamento correspondería a 312,50 euros de xuros e unicamente a 280,39 euros de devolución do capital prestado. En cambio, 20 anos máis tarde, o último pagamento sería de 1,85 euros de xuro e de 591,04 euros de capital.
Fórmula aritmética (canon francés)
ak = Ck * [(r/m) / [1-[1+(r/m)]⁻ⁿ]]
sendo "ak" a cota mixta de amortización e xuros; "Ck", o capital pendente de amortización ao inicio do período; "r", o tipo de xuro nominal anual, en tanto por un; "m", o número de períodos de liquidación do préstamo comprendidos nun ano; e "n", o número de períodos de liquidación (de pagamento de amortización de capital e xuros) pendentes.
NRI: 6305-2023/09542