1. Aboamento de 250 € netos para novas domiciliacións de nómina cun importe mínimo de 1.500 €. Non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos (nómina, autónomos ou pensións) realizadas con posterioridade ao 01/01/2022. Conta Online CaixaBank: ademais requírese domiciliación de tres recibos e tres compras con tarxeta ao trimestre (exclúense as tarxetas de empresa), con 24 meses de permanencia destas condicións e 24 meses adicionais como cliente (mantendo unha conta ou depósito aberto en CaixaBank cun saldo mínimo superior a 5 €). Promoción válida para todo o territorio nacional ata o 31/12/2024. Conta Online imagin: ademais requírese permanencia de 48 meses. Consideramos que recibiches unha nómina cando recibas un ingreso neste concepto. As transferencias non se consideran nómina para os efectos desta campaña.
En ambas as contas, o importe íntegro do incentivo é de 308,64 €. Sobre o devandito importe realízase unha retención a conta do IRPF do 19%, que dá lugar ao importe neto aboado. O incentivo tributa no imposto sobre a renda das persoas físicas como rendemento do capital mobiliario monetario suxeito a retención a conta segundo a lexislación vixente e sen prexuízo do que establecen os réximes tributarios forais. O perceptor da retribución debe declarar un rendemento do capital mobiliario na súa base impoñible do aforro determinado polo importe íntegro percibido, e pode deducirse da cota do imposto a retención a conta practicada. En caso de incumprimento, cargarase na súa conta unha penalización proporcional ao prazo incumprido e calculada sobre o importe bruto da suma total da bonificación recibida por esta campaña.
2. Tarxeta da Conta Online CaixaBank: emisión e mantemento dunha tarxeta de débito. CaixaBank, S. A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta. Non se inclúe a emisión e mantemento de tarxetas adicionais ou tarxetas de beneficiario. Tarxeta da Conta Online imagin: 0 € en comisións de emisión e mantemento. En ambos os casos: están emitidas pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. (“CPC”), con domicilio na avenida de Manoteras, n.º 20, Edificio París (28050 Madrid). O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en CaixaBank, S.A.
3. A Conta Online, exclusiva para novos clientes, inclúe por 0 € a apertura e mantemento dunha conta corrente e do servizo da banca dixital CaixaBankNow, ingresos de cheques en euros domiciliados nunha entidade financeira en España e a emisión de transferencias SEPA estándar en euros, coroas suecas ou lei romaneses, dentro da UE. A conta non se retribúe. 0% TAE. 0% TXN. CaixaBank, S.A., co NIF A08663619, inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100, é a entidade que ofrece a conta bancaria).
4. Comisión de mantemento da conta de 0 €. A conta non se retribúe. 0% TAE, 0% TXN. imagin, marca comercial de imaginersGen, S.A., axente de CaixaBank, S.A., co NIF A08663619, inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100, é a entidade que ofrece a conta bancaria.
NRI: 7332-2024/09542