Préstamo Nómina | TIN: 6,90 % / TAE: 7,12 %
Coa túa nómina domiciliada, dispós dun préstamo1 de ata 60.000 € para o que necesites: empezar algo novo, comprar un coche, viaxar, estar á última en tecnoloxía, renovar a túa casa... Sexa cal for o teu propósito, e cando queiras.
1. Sistema de amortización francés. Exemplo representativo: TAE: 7,12 %, calculada para un préstamo de 10.000 € a un prazo de seis anos. TIN: 6,90 % Importe total debido: 12.240,73 € (capital 10.000 € + xuros 2.240,73 €). Custo total do crédito: 2.240,73 €. Importe das cotas mensuais: 71 cotas de 170,01 € e unha última de 170,02 €. A concesión da operación está suxeita á análise da solvencia e a capacidade de devolución do solicitante, en función das políticas de risco da entidade.
Anticipo Nómina Exprés1
Só por ser empregado dun colectivo de alto valor e ter a nómina domiciliada en CaixaBank, anticipámosche ata tres mensualidades mediante un préstamo con comisión de apertura do 2,50 %, cun mínimo de 50 € e un prazo único de devolución de dez meses.
1. Anticipo instrumentado nun préstamo cun importe mínimo de 750 €. Sistema de amortización francés. A TAE variará en función do importe. Primeiro exemplo representativo. TAE: 5,70 % , calculada para un préstamo de 5.000 € a un prazo de dez meses. TIN: 0 %. Importe total debido: 5.125 € (capital 5.000 € + comisión de apertura 125 €). Custo total do crédito: 125 €. Importe das cotas mensuais: 10 cotas de 500 €. Segundo exemplo representativo. TIN: 0 % TAE: 7,71 %, calculada para un préstamo de 1.500 € a un prazo de dez meses. Importe total debido: 1.500 € (capital 1.500 € + comisión de apertura 50 €). Custo total do crédito: 50 €. Importe das cotas mensuais: 10 cotas de 150 €. Terceiro exemplo representativo. TIN: 0 % TAE: 16,41 %, calculada para un préstamo de 750 € a un prazo de dez meses. Importe total debido: 800 € (capital 750 € + comisión de apertura 50 €). Custo total do crédito: 50 €. Importe das cotas mensuais: 10 cotas de 75 €. Condicións de financiamento válidas unicamente para novas operacións; a súa concesión está suxeita á análise da solvencia e da capacidade de devolución do solicitante, en función das políticas de risco de CaixaBank. Para outra proposta de operacións financeiras ou demanda de servizos diferentes aos da presente oferta, consúltanos porque serán estudados cun trato personalizado pola nosa Entidade.
NRI: 7314-2024/09542
Préstamo Estudia Grado/Máster1 | TIN: 5,00 % / TAE: 5,12 %
Financiar os teus estudos e os de todos os membros da unidade familiar é máis doado
- Importe: matrícula e gastos vinculados*
- Prazo de devolución: ata dez anos
- Carencia de capital: ata cinco anos**
- Disposicións: anuais ou semestrais***
- Sen comisión de apertura nin amortización
1. Préstamo Estudia Grado/Máster. Sistema de amortización francés. Exemplo representativo sen carencia: TAE 5,12 % calculada para un préstamo de 10.000 €. TIN: 5,00% Prazo de amortización: 5 anos. Importe total debido: 11.322,74 € (capital 10.000 € + xuros 1.322,74 €). Custo total do crédito: 1.322,74 €. Importe das cotas mensuais: 59 cotas de 188,71 € e unha última cota de 188,85 €.
Exemplo representativo con carencia: TAE 5,12 %, calculada para un préstamo de 10.000 € do que se realizan disposicións anuais durante os catro primeiros anos, cada unha delas representa o 25% do capital prestado. TXN: 5.00%. Carencia de capital: 5 anos. Prazo de amortización: 5 anos. Prazo total da operación: 10 anos. Importe total: 13.072,82 € (capital 10.000 € + xuros 3.072,82 €). Custo total do crédito: 3.072,82 €. Importe das cotas mensuais durante o prazo de carencia de capital: 10,42 € o primeiro ano, 20,83 € o segundo ano, 31,25 € o terceiro ano e 41,67 € o cuarto e quinto ano. Importe das cotas mensuais durante o período de amortización: 59 cotas de 188,71 € e unha última cota de 188,85 €.Concesión suxeita á análise da solvencia e da capacidade de devolución do solicitante, en función das políticas de risco de CaixaBank.
* O financiamento da matrícula de cada curso deberá acreditarse con documentación oficial da escola onde se realizarán os estudos e onde se mostre o importe e a duración dos devanditos estudos.
** A carencia de capital é opcional. Durante ese período, o cliente pode facer disposicións sobre o total do importe concedido. Así, as cotas mensuais corresponderán unicamente ao pagamento dos xuros xerados polas cantidades dispostas e, polo tanto, durante ese período non se amortiza capital.
*** Unha vez transcorrido o período de carencia, non se poderán facer máis disposicións. O importe total debido con carencia é superior ao importe total sen carencia. No momento da solicitude do préstamo deberase indicar o importe total que se vai solicitar, aínda que se vaia dispoñer deste en distintos cursos ou semestres. Así, cada ano ou semestre deberase comunicar a cantidade do total do préstamo da que se quere dispoñer. Só se poderán realizar disposicións anuais ou semestrais durante o período de carencia, que corresponderán ao custo da matrícula máis os gastos relacionados cos estudos. Para realizar disposicións será necesario que o estudante acredite ter aprobados máis dun 70 % dos créditos do curso anterior, por iso, solicitaranse ambas as dúas matrículas e comprobarase que o 70 % dos créditos nos que se matricula son diferentes aos do curso anterior.
NRI: 7312-2024/09542
Préstamo AutoEco1
Aproveita a mobilidade sostible. 6,90% TXN e TAE 7,12%
- Para o financiamento de vehículos de uso particular propulsados con algunha tecnoloxía que mellore a relación do vehículo co medio natural, especialmente no ámbito das emisións de CO2
- Sen importe mínimo e máximo de financiamento
- Prazo de devolución: 6 anos ou 8 anos para importes solicitados superiores a 9.000 €
- Sen comisión de apertura nin estudo
1. Sistema de amortización francés. Exemplo representativo: TAE: 7,12%, calculada para un préstamo de 8.000 € a un prazo de seis anos. TXN: 6,90%. Importe total: 9.792,56 € (capital 8.000 € + xuros 1.792,56 €). Custo total do crédito: 1.792,56 €. Importe das cotas mensuais: 71 cotas de 136,01 € e unha última de 135,85 €. A concesión da operación está suxeita á análise da solvencia e á capacidade de devolución do solicitante, en función das políticas de risco da entidade.
NRI: 7313-2024/09542