A emisión e o mantemento de tarxetas adicionais ou de beneficiario non están incluídos e terán o custo indicado no contrato de tarxetas.
Durante a vixencia do acordo, a entidade emisora da tarxeta pode cambiar a modalidade da tarxeta sen custo adicional. Se isto acontece, informarémoste con antelación para poderes revisar as condicións da nova tarxeta (sexa de débito ou de crédito), que manterá prestacións equivalentes á orixinal.
Tarxeta de débito emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. (“CPC”), con domicilio na avenida de Manoteras, núm. 20, Edificio París (28050 Madrid). CaixaBank, S.A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta.
Concesión da tarxeta suxeita á aprobación previa de CPC.
O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento escollido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en CaixaBank, S.A.