Para levar a cabo os tratamentos que lle indicamos a continuación, CaixaBank tratará conxuntamente os seus datos con outras empresas, decidindo de maneira conxunta os obxectivos (“para que se usan os datos”) e os medios utilizados (“como se usan os datos”) e serán, polo tanto, corresponsables deses tratamentos (entidades corresponsables).
Os tratamentos para os que CaixaBank tratará conxuntamente os seus datos con outras empresas, son os seguintes (pode ver a listaxe das empresas que conforman o perímetro de cada un dos tratamentos que se realizan en corresponsabilidade, así como os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade premendo en cada unha das seguintes ligazóns):
- Realizar as actividades comerciais de: (i) personalización da oferta de produtos segundo a análise dos seus datos; (ii) comunicación da oferta de produtos e servizos por canles, e (iii) cesión de datos a outras empresas.
- Cumprir coas seguintes normativas aplicables ás empresas do Grupo CaixaBank: (i) a normativa de prevención de branqueo de capitais e financiamento do terrorismo; (ii) a normativa en materia tributaria; (iii) as obrigas derivadas das políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais.
- Previr a fraude que supoña perdas económicas ou reputacionais, á entidade, ou aos seus clientes.
- Realizar a análise da solvencia e da capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento.